Thursday 28 de March de 2024

O Concello de Lousame inviste máis de 47.000 euros de fondos propios na substitución da depuradora de Marracín de Abaixo


O Concello de Lousame vén de investir 47.531,22 euros na substitución da depuradora de Marracín de Abaixo, con capacidade para atender as necesidades de 300 habitantes. O concelleiro de Obras, Ramón Martínez, explica que se trata “dunha actuación que redundará nun mellor servizo aos veciños e veciñas de Marracín e nun mellor coidado do noso medio ambiente”.
Trátase dunha actuación financiada con fondos propios debido ás reiteradas avarías que viña sufrindo esta instalación, tras máis de trece anos de funcionamento. De feito, durante o primeiro semestre deste 2020, o Concello de Lousame tivo que investir máis de 6.000 euros en distintas reparacións na instalación.